ファイル:San Bieito, Gondomar, igrexa.jpg

ページのコンテンツが他言語でサポートされていません。

元のファイル(2,468 × 3,063 ピクセル、ファイルサイズ: 3.13メガバイト、MIME タイプ: image/jpeg)

概要

解説
Galego: Presenta planta de cruz latina: unha nave central e dúas capelas laterais, que forman a cruz.

Foi reformada no século XIX, por iniciativa do párroco, D. Xosé Mariño González, que estivo nela de 1887 ata 1914.

Na fachada principal ten unha ornamentación ben coidada. Encádrase con dúas pilastras laterais que teñen capitel simulado e basa con moldura. Rematan con pináculos na cuberta distintos aos do resto da cuberta. Toda a fachada remátase cunha cornixa continua dende o beiril ata a rúa central.

Na rúa central, por riba da porta de entrada está o rosetón e, máis alto, o escudo de S. Bieito, rematando con cornixa e axedrezado no que apoia a torre do campanario.

A porta principal é de arco de medio punto peraltado, que se apoia sobre dous pares de xambas. Na primeira alóxanse un par de columnas entregas, coroadas de capitel composto e apoiadas nun dado en chafrán. No arco da arquivolta interior ten como adorno unha estrela en cada unha das nove doelas semellando ménsulas en apoios. O frontón é triangular e está adornado con molduras que forman o símbolo de (IHS) en distintos planos.

Nas rúas laterais da fachada principal, no primeiro corpo, ten dúas ventás lisas en forma de cruz. No segundo corpo, outras dúas que, para semellar a porta principal, rematan en arcos de medio punto e molduras para formar unha pestana semicircular. Apóianse en resaltes semellantes aos da porta.

O rosetón abucínase cara ao interior e a súa celosía semella unha flor de oito pétalos con botón central. Dende a fronte está oculto pola cruz que remata o frontón da porta. Ten dúas sancristías, unha a cada lado do presbiterio.

Na fachada da parte norte engadiuse unha capela que, na actualidade, serve como capela penitencial, e na festa é onde se recollen as esmolas e ofrendas a S. Bieito. As fachadas teñen pilastras nos seus extremos coroadas por moldura lineal, similar á cornixa na que rematan para acoller a cuberta. Aproximadamente no medio da nave teñen cada unha delas un contraforte para arrostrar a fábrica.

Na fachada leste, o muro é piñón e remátase no pincho cunha cruz. Con toda probabilidade, na súa orixe, os muros estiveron revestidos e encalados. As portas laterais presentan recercados, enmochetados e derrames nas súas caras interiores, e o lintel forma unha pestana sobre os ocos.

As ventás tamén están recercadas e os seus derrames son abucinados. Polo interior están cubertas por vidreiras.

Nos vértices da cuberta ten como adorno uns pináculos moi estilizados e distintos aos que rematan as pilastras da fachada principal.

A ábsida ten bóveda de aresta. Tamén ten bóveda de aresta nos dous tramos da nave, apoiada en arcos formeiros de medio punto e pilastras. A cúpula do cruceiro é máis elevada que as bóvedas e descansa en catro columnas. A bóveda da sancristía é de canón. Todas as bóvedas están encaladas contrastando coa cantería dos muros.

Tanto na ábsida coma na nave ten floróns para decoración.
日付
原典

San Bieito, Gondomar, igrexa

作者 HombreDHojalata from Spain
カメラの位置42° 06′ 43.47″ 北, 8° 45′ 31.24″ 西 Kartographer map based on OpenStreetMap.以下のサービスでこの位置を確認する: オープンストリートマップinfo

ライセンス

w:ja:クリエイティブ・コモンズ
表示 継承
このファイルはクリエイティブ・コモンズ 表示-継承 2.0 一般ライセンスのもとに利用を許諾されています。
あなたは以下の条件に従う場合に限り、自由に
  • 共有 – 本作品を複製、頒布、展示、実演できます。
  • 再構成 – 二次的著作物を作成できます。
あなたの従うべき条件は以下の通りです。
  • 表示 – あなたは適切なクレジットを表示し、ライセンスへのリンクを提供し、変更があったらその旨を示さなければなりません。これらは合理的であればどのような方法で行っても構いませんが、許諾者があなたやあなたの利用行為を支持していると示唆するような方法は除きます。
  • 継承 – もしあなたがこの作品をリミックスしたり、改変したり、加工した場合には、あなたはあなたの貢献部分を元の作品とこれと同一または互換性があるライセンスの下に頒布しなければなりません。
当初、Flickrに投稿されたこの画像は、October 10, 2010に管理者又は画像査読者File Upload Bot (Magnus Manske)によって査読され、その時点で、Flickr上で記載されたライセンスの下で利用可能であることが確認されました。

キャプション

このファイルの内容を1行で記述してください

このファイルに描写されている項目

題材

42°6'43.474"N, 8°45'31.241"W

9 10 2010

0.003125

38 ミリメートル

ファイルの履歴

過去の版のファイルを表示するには、その版の日時をクリックしてください。

日付と時刻サムネイル寸法利用者コメント
現在の版2010年10月10日 (日) 16:482010年10月10日 (日) 16:48時点における版のサムネイル2,468 × 3,063 (3.13メガバイト)File Upload Bot (Magnus Manske){{Information |Description=Presenta planta de cruz latina: unha nave central e dúas capelas laterais, que forman a cruz. Foi reformada no século XIX, por iniciativa do párroco, D. Xosé Mariño González, que estivo nela de 1887 ata 1914. Na fachada

以下のページがこのファイルを使用しています:

グローバルなファイル使用状況

以下に挙げる他のウィキがこの画像を使っています:

メタデータ